Luís Rei anuncia que creará un viveiro de empresas agrarias e rurais no antigo colexio de Pío-Bora
Por Redacción
O candidato á alcaldía de Marea Pontevedra, Luís Rei, visitaba este sábado a parroquia de Bora. Alí, acompañado de integrantes da súa lista, mostraba a súa oposición á autovía entre O Porriño e A Coruña (A-57) que afectará a decenas de casas de distintas parroquias do rural pontevedrés.
Reclama que o diñeiro que se investirá nese proxecto destínese a rescatar a concesión da Autoestrada do Atlántico (AP-9) para eliminar a peaxe, que supón unha "sangría" para a cidadanía galega.
Luís Rei visitaba a explotación de Humberto Villanueva, un emprendedor de agricultura ecolóxica do lugar do Teso. Durante este encontro, o candidato de Marea Pontevedra comprometeuse a impulsar a creación dun viveiro de empresas para as parroquias pontevedresas, que tería como sede o antigo colexio de Pío- Bora.
Rei lamentou a falta de abastecemento de auga, de saneamento, de transmorte e de medidas de conciliación familiar no rural e culpou ao goberno de Fernández Lores desta situación.
Desde Marea Pontevedra queren impulsar medidas sociais para garantir o coidado de escolares e de maiores, que permitan a conciliación familiar e que actualmente limitan a vida de moitas mulleres que teñen adquiridas responsabilidades con familiares ao seu cargo.
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra aposta por abrir unha nova rúa peonil entre Eduardo Pondal e a Avenida de Vigo
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra festexa o centenario da chegada de Castelao á cidade
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra dálle cabazas ao BNG pola xestión do mercado de abastos
Por Nacho Fuentes & Anxo Lourido |
-
"Hai máis proximidade entre o goberno de Lores e o PP que entre o goberno de Lores e Marea Pontevedra"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Marea Pontevedra creará un evento artístico anual para presumir da calidade da Facultade de Belas Artes
Por Redacción |