Ciudadanos propón o uso da praza de touros para actividades escénicas e un Festival de Música Celta
Por Redacción
A creación dunha biblioteca municipal, a utilización da praza de touros para artes escénicas e a recuperación da Bienal de Arte son tres das principais propostas do programa cultural que ofrece Ciudadanos para Pontevedra, segundo explicou o seu candidato á Alcaldía, Goyo Revenga.
Ciudadanos tamén propón un "Arena de Teatro", con "programación estival na praza de touros, e unha Arena de Música, con clásica e ópera, que se desenvolvería no mesmo escenario", apunta Revenga. Ademais, márcanse o obxectivo de recuperar a Bienal de Arte que organizaba a Deputación.
O candidato da formación laranxa tamén propón "potenciar que as festas da Peregrina volvan ser referentes en Galicia" e a organización dun Festival de Música Celta e unha Feira Internacional do Viño.
PROGRAMA ECONÓMICO
O programa económico de Ciudadanos Pontevedra para as eleccións municipais do 26 de maio inclúe "a elaboración dun mapa de puntos quentes de investimento para localizar os lugares máis interesantes para novas iniciativas ou emprendemento", a creación do portelo único empresarial "para que nun máximo de 72 horas poida estar creada a empresa" e a habilitación dunha oficina para asesoramento sobre axudas ao emprendemento e o impulso do comercio local.
A creación dunha "contorna startup" é outra das apostas do programa da formación laranxa, isto é, unha incubadora de ideas e aceleradora do modelo empresarial.
Ademais, Cs quere levar a cabo un Plan Estratéxico de Turismo (PET) e promover a implantación dun hotel de cinco estrelas.
Relacionadas:
-
"Lourizán merece unha compensación histórica", asegura Goyo Revenga
Por Redacción |
-
María Rey pídelle ao PP "que deje el pico y coja la pala" para que Monte Porreiro non quede sen pediatra
Por Diego Espiño |
-
Reducir a viñeta de circulación e conxelar o IBI, entre as propostas fiscais de Cidadáns Pontevedra
Por Redacción |