Reducir a viñeta de circulación e conxelar o IBI, entre as propostas fiscais de Cidadáns Pontevedra
Por Redacción
A redución da carga impositiva aos veciños de Pontevedra é unha das propostas de Cidadáns na súa candidatura ás municipais.
En concreto a formación laranxa prevé unha redución do imposto de circulación acorde coa reordenación do tráfico levada na cidade "xa que os veciños soportan unha redución drástica das vías para circular e as zonas de aparcamento, sen que se compensou cunha baixada deste tributo", defende Goyo Revenga.
O candidato de Cidadáns, que este luns realizou unha visita ao barrio da Parda para informar sobre estas iniciativas, propón ademais unha conxelación do Imposto de Bens Inmobles (IBI), con redución para familias usuarias de pisos de protección oficial e para familias numerosas.
Por último defende revisar o resto de taxas municipais, por exemplo o canon anual que se cobra aos locais de hostalería por habilitar terraza, para que "as de cobranza anual poidan ser abonadas mensualmente", sinalou.
Trátase dunhas medidas, explica Revenga, coas que "melloraremos a eficiencia na recadación".
Relacionadas:
-
Cidadáns propón unir os aparcamentos disuasorios con lanzadeiras gratuítas ao centro
Por Redacción |
-
"Lourizán merece unha compensación histórica", asegura Goyo Revenga
Por Redacción |
-
María Rey pídelle ao PP "que deje el pico y coja la pala" para que Monte Porreiro non quede sen pediatra
Por Diego Espiño |
-
Ciudadanos propón o uso da praza de touros para actividades escénicas e un Festival de Música Celta
Por Redacción |
-
Cidadáns quere cambiar os vehículos municipais por coches eléctricos ou híbridos
Por Redacción |
-
Crear unha "policía de barrio", proposta de Cidadáns para mellorar en seguridade
Por Redacción |