E chegou o peche masivo de oficinas bancarias. Acabouse a atención humana
Por Oskar Viéitez
Unha das consecuencias da crise financeira do 2008 sufriuse con intensidade este ano: o peche masivo de oficinas bancarias. Sucede nas cidades pero vívese de maneira máis angustiosa no rural onde algúns municipios quedáronse sen este servizo.
O motivo é que para os bancos xa non é rendible ter unha sucursal nun pobo onde a clientela é xente maior que non pide créditos.
O risco de exclusión financeira forza aos maiores para ter que apañarse con internet. Acabouse a atención humana.
Os alcaldes dos distintos concellos das Rías Baixas puxéronse á fronte das protestas para reclamar, fundamentalmente a Abanca, que manteña estes servizos.
O rexedor de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela chegou a propoñer unha "fronte común de alcaldes". Organizáronse concentracións en Marín, Campo Lameiro, Poio, Portas, organizáronse velorios simbólicos, recolléronse firmas, canceláronse contas, mesmo houbo quen se encadeou na entrada da oficina bancaria... o rural declarou a guerra aos bancos e perdeu.
As sucursais pecharon e como consolo deixaron un caixeiro automático ou a visita periódica dunha oficina móbil. Para tratar de frear a desbandada a Xunta inxectou 2,8 millóns de euros para que instalasen caixeiros en concellos onde pechaban oficinas, unha medida que a oposición considerou un obsequio encuberto.
Pero non foi esta a única loita que acendeu as protestas da poboación do rural que tamén se mobilizou pola invasión de parques eólicos nos seus montes.
En Galicia están en marcha uns trescentos macroproxectos de aeroxeradores que, segundo a plataforma Eólica, Así Non, "provocarán un impacto irreparable" no ecosistema e no patrimonio.
Relacionadas:
-
Avante Poio presenta unha moción para demandar unha mellora na atención bancaria
Por Redacción |
-
Abusos bancarios en primeira persoa: do "volva vostede mañá" a "contráteme un seguro e quítolle as comisións"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Pontevedra di "non" ao actual modelo eólico de Galicia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Mobilización "fronte a actual invasión eólica" no Día das Montañas
Por Oskar Viéitez |
-
Noite de loito en Campo Lameiro cun velorio polo peche de Abanca
Por Redacción |
-
Aviso de Poio a Abanca: "Estamos en pé. A oficina de Campelo non se pecha
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Colapsan a oficina de Abanca en Campo Lameiro presentando reclamacións
Por Redacción |
-
Loito oficial en Portas polo peche da sucursal de Abanca
Por Oskar Viéitez |