Pontevedra estrea o seu "mapa violeta", un mural de 'mulleres na historia'
O mural "Mulleres de Pontevedra na historia", desde este xoves, recupera a memoria de vinte e tres mulleres con nome, historia e méritos propios. "Non están todas as que son", destacou o responsable de memoria histórica no goberno municipal, Luís Bará, que celebrou que Pontevedra incorpore ao seu "mapa simbólico" unha intervención artística que ofrece unha "ollada feminista" que permite "mirar a cidade con outros lentes"
© Mónica Patxot