Concerto da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia
Engadir ao meu calendarioAuditorio Sede Afundación de Pontevedra

Auditorio Sede Afundación de Pontevedra
Organizado pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra e Afundación, Obra Social ABANCA, o vindeiro luns, día 21, ás 20:30 horas, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, terá lugar un concerto que estará protagonizado pola Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia.
Baixo a dirección do español de orixe venezolana José Luís Gómez, a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia ofrecerá unha primeira parte con tres obras breves: Aires xitanos, de Sarasate; Akbank Bunka, de Lindberg; e Beizos Vermelhos, de Pacho Flores.
A segunda parte ocuparaa a monumental Sinfonía núm. 5 de Dmitri Shostakovich.
Nas tres obras da primeira parte actuará como solista un dos máis aclamados trompetistas da actualidade, o venezolano Pacho Flores, formado no Sistema de Orquestras Infantís e Xuvenís de Venezuela.
As persoas interesadas en asistir a este concerto poderán retirar as entradas a través de ataquilla.com, mentres que a Sociedade Filharmónica de Pontevedra facilitará as entradas aos seus socios.
Auditorio Sede Afundación de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra