Organizado pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra en colaboración con Afundación, Obra Social ABANCA, este venres, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, terá lugar un concerto que estará a cargo da Real Filharmonía de Galicia.

Baixo a dirección da australiana Jessica Cottis, a agrupación compostelá ofrecerá un programa que comeza cunha obra de Raquel García-Tomás (Barcelona, 1984), unha das compositoras máis importantes do panorama español da música. O programa complétano 'Testament', de Brett Dean; e a Sinfonía número 7, opus 92, de Beethoven.

As persoas interesadas en asistir a este concerto poderán retirar as entradas a través de ataquilla.com, mentres que a Sociedade Filharmónica de Pontevedra facilitará as entradas aos seus socios.

Auditorio Sede Afundación de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos