A Biblioteca Pública de Pontevedra José Odriozola ten programada, desde o 12 ao 25 de maio, a exposición bibliográfica 'Cantareiras e o cancioneiro popular galego', así como un concerto do grupo de Meis Cantareiras Madialeva que interepretarán o 10 de maio unha escolma de cantigas populares e poemas musicados.

Este ano coma as súas devanceiras que promoveron a tradición oral, As Cantareiras Madialeva traen tamén do pasado á actualidade un legado que non debe morrer xamais.

Farán deste encontro unha mestura de morriña, retranca, bo humor e sentimento para o desfrute de todas as persoas que queiran participar.

Biblioteca Pública de Pontevedra José Odriozola

Máis eventos

Ver máis eventos