Nova cita co programa 'Contrapuntos: música e memoria' do Museo de Pontevedra.

Último concerto do proxecto 'Memoria da melancolía', de Samuel Diz. Nel, o guitarrista e investigador nado en Tui estará acompañado do tenor arxentino Jonatan Alvarado e da poeta galega Yolanda Castaño, recoñecida este ano co Premio Nacional de Poesía.

O acto inclúe a proxección da curtametraxe documental 'Aitana', dirixida por Mariña Alberti.