Relatorio 'Transición e Estatuto de Autonomía', do xurista Francisco Caamaño
Engadir ao meu calendarioEdificio Castelao do Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan o relatorio Transición e Estatuto de Autonomía. Tradicións e esixencias constitucionais do xurista Francisco Caamaño dentro do ciclo 90 anos do Estatuto.
O acto terá lugar este mércores 10 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Francisco Caamaño. Ex-ministro de Xustiza. Xurista. Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña. Autor de “Democracia federal. Apuntes sobre España“, e de “O autogoberno de Galicia. Fundamentos e institucións”.
Sobre o ciclo 90 anos do Estatuto. En febreiro de 1936, o resultado das eleccións xerais en España, co triunfo da Fronte Popular, abriu a posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto de Autonomía de Galicia que estivera redactándose case desde a chegada da República. Finalmente fixouse unha data, o 28 de xuño de 1936, e a aprobación de xeito masivo e mais o que veu despois é xa parte dunha historia do país que o Ateneo de Pontevedra trae a debate agora, noventa anos despois de que a sublevación militar e a vitoria do bando franquista na guerra civil anulase a entrada en vigor daquel Estatuto.
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra