O primeiro Festival Folclórico de Portas terá lugar na Azucreira este domingo 11 de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Participarán o Grupo de Danzas Amor Ruibal, Asociación Cultural Madia Leva, Asociación de Mulleres Rurais "Nogueira", Grupo Os Peta Portas e unha actuación sorpresa.

Este evento será unha das actividades que se celebren no concello durante o "Mes das Letras Galegas".

Este festival concentrará no Auditorio de Portas a todo un elenco de grupos folclóricos da contorna que amosarán ao público asistente diversas pezas musicais e de baile tradicional galego.

Azucreira de Portas

Máis eventos

Ver máis eventos