A programación da Primavera Cultural, organizada pola Asociación de Veciños San Bieito de Lérez, ofrecerá este sábado unha nova cita co humor galego da man da popular monologuista Leti da Taberna.

A actuación terá lugar o 13 de xuño, a partir das 21.00 horas, na contorna do Mosteiro de Lérez.

O espectáculo achegará ao público o característico estilo da humorista, baseado na retranca galega e en situacións cotiás que conectan con espectadores de todas as idades. A proposta desenvolverase ao aire libre nun dos espazos patrimoniais máis emblemáticos da parroquia.

A entrada será gratuíta até completar cabida.

Desde a organización animan tanto á veciñanza como aos visitantes a gozar dunha velada de comedia nun marco histórico singular.

Contorna do Mosteiro de Lérez, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos