Este venres celebrarase na libraría Metáfora, en Pontevedra, a presentación de "Feixe de flores para Galicia", de Xosé
Luís Outes Ruso.

Acompañando o autor, estará Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra, e Ángel Cardín, sociólogo e escritor.

"Feixe de flores para Galicia" é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o benestar sobre a precariedade e, sobre todo, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade. 

Entre as suxestións que se presentan, compre mencionar a creación dunha banca pública galega, unha axencia enerxética galega, un sector industrial de propiedade pública, o deseño dunha nova política forestal que faga de Galicia unha potencia neste sector, respectuosa co medio ambiente, así como políticas deseñadas para combater a desertización demográfica.

Libraría Metáfora, en Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos