Nunha estación de tren unha vella monicrequeira agarda pero non sabe por que está alí. Os seus monicreques dentro dunha maleta serán a súa única pista para pescudar quen vén sendo e cal é o seu destino.

Estación Paraíso é a historia de amor dunha vella que desafía con valentía, humor e tenrura os límites da súa memoria para reunirse co amor da súa vida.

Premio LORCA 2023: Mellor espectáculo para a infancia e familiar.
Premio do público na 25 Feria de Teatro de Castilla y León 2022
Premio FETÉN 2023, mellor interpretación feminina para Elisa Ramos
Dobre premio Titirijai Tolosa 2023, espectáculo infantil e adulto
Dúas candidaturas aos Premios MAX 2023

Teatro xestual, monicreques, maxia e música

Duración: 50 minutos
Recomendado a partir de 6 anos e público adulto