Como vén sendo habitual, a Biblioteca Pública "Rosalía de Castro" de Vilagarcía de Arousa fai unha programación especial para celebrar o Día Internacional do Libro.

O mesmo día 23 de abril, a partir das 18:00 horas, a sala infantil acollerá un singular obradoiro de carácter familiar: "Cucú tapa o cú", orixinal de Lorena Pinheiro, que tamén o dirixirá.

Trátase dun taller cheo de xogos e enredos sobre o patrimonio cultural inmaterial de Galicia: contos, trabalinguas, adiviñas, recitados, cantigas e bailes de roda.

"A lingua é o xogo máis accesible e versátil", di Lorena Pinheiro. O público recomendado é de 3 a 6 anos. Dado o carácter dinámico de "Cucú tapa o cú", o aforo está limitado a 15 rapaces máis un acompañante. Por iso, é preciso facer unha inscrición previa na biblioteca, de xeito presencial, na sede da rúa Castelao. O experiencia ten unha duración de 50 minutos.

Biblioteca Pública "Rosalía de Castro", Vilagarcía

Máis eventos

Ver máis eventos