A Librería Nobel acolle un obradoiro de poesía e tamén a presentación do libro "De príncipes, princesas e outras andrómenas" de Miguel Alonso Diz e con ilustracións de Luz Beloso.

Este é un libro de princesas que bailan, que xogan ou que espertan. Tamén de princesas que se anoxan e que se alegran. Hai algunhas que loitan e outras que berran. Xunto a princesas que fan do silencio a mellor ferramenta. Pódese cambiar a palabra "princesas" por "príncipes" e todo será igual. Porque este é un libro de poemas que claman a favor da igualdade.

 

Librería Espacio Lector Nobel, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos