O poeta Jesús Castro Yáñez presenta o seu novo libro 'Outroutro'
Engadir ao meu calendarioLibraría Paz

Libraría Paz
O poeta Jesús Castro Yáñez presenta o seu novo libro 'Outroutro' (Editorial Chan da Pólvora) na libraría Paz acompañado de Branca Trigo.
Jesús Castro Yáñez quería que Outroutro fose textura máis que texto. Quería un libro cos mínimos vínculos persoais, un libro asociativo que estivese fóra do autor e fóra do propio libro, pero dentro do mundo.
Deste xeito, Outroutro constrúese cunha mirada que se desliza sobre feitos cotiáns como se fosen constelacións de significado comunal. Os feitos máis sinxelos, o silencio, a acción inmóbil ou a modestia dos instantes íntimos úsanse na poesía de Castro Yáñez para crear unha poderosa conciencia poética, máis fascinante a medida que imos descubrindo a marabillosa estrutura especular do libro.
Libraría Paz
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra