Presentación do libro 'Con/suere' na Casa das Campás
Engadir ao meu calendarioCasa das Campás, Pontevedra

Casa das Campás, Pontevedra
Este luns preséntase na Casa das Campás o libro 'Con/suere' de Ana Pérez Valdés.
Publicada coa editorial Dardo, esta obra nace do traballo realizado nas residencias artísticas REGA da Fundación Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Nel combínase a investigación académica e a práctica da costura para contar unha historia da confección feita en casa.
Cun formato que fai unha chiscadela ás revistas de labores de principios do século XX, 'Con/suere' reivindica os labores de agulla e a costura realizada no ámbito doméstico.
Por unha banda, este libro recolle unha serie de traballos realizados por diferentes costureiras de Galicia e de Asturias, confeccionados en casa, desde 1932 ata hoxe. Por outra banda, inclúense os patróns dunha colección de nove prendas inspirada neses mesmos traballos para que calquera con nocións de costura poida utilizalos. Como fío condutor, un ensaio que reflexiona sobre as diferenzas entre arte e artesanía, da noción de bo gusto, da vinculación do tecido aos mitos e das implicacións políticas e económicas dos labores téxtiles.
Casa das Campás, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra