Cineclube Pontevedra  presenta unha atractiva programación para o mes de maio con estreas recentes do panorama cinematográfico europeo, incluíndo dúas obras premiadas no Festival de Cannes, ademais do ciclo dedicado ao cineasta brasileiro Leon Hirszman.

Este martes 13 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra poderase ver 'Rien à foutre', de Julie Lecoustre e Emmanuel Marre

Película belga do ano 2021. Dura 110 minutos e proxectarase en versión orixinal subtitulada en español. 

Sinopse: Cassandre (Adèle Exarchopoulos) é azafata de voo nunha compañía low-cost. Sempre disposta a facer horas extra, vive ao día, sumando voos e festas, fiel ao seu alcume de Tinder: Carpe Diem. Logo de ter un incidente no traballo vese na obriga de volver á casa xunto á súa familia e enfrontarse a aquilo que estaba a evitar. Rien à foutre é unha historia contemporánea sobre a soidade e a incerteza nunha época en que a tecnoloxía deixa relacións cada vez máis distantes e un estado perpetuo de insatisfacción.

A película gañou o premio ao Mellor Filme no Festival de Xixón 2021 (Sección Retueyos)

Teatro Principal, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos