A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Un lugar tranquilo, nunha nova sesión do ciclo de cinema Sobre vivir (II).

Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, no marco das actividades da Semana CREA, sete proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente, así como para presentar ás persoas como parte dun ecosistema ambiental e social.

Sinopse: O filme segue a historia dunha familia que vive nunha casa no bosque coidándose de non emitir ningún son. Se non che escoitan, non poden cazarche... 

Casa das Campás, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos