Miguel Froján (voz e guitarra), Robert Beade (guitarra), Sergi Outeiral (baixo eléctrico) e Óscar Mourelos (batería) son Froján, a banda que actuará o 7 de decembro no ciclo Sons de Outono, impulsado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra coa colaboración do Concello de Pontevedra

Froján é poesía autodestructiva en equilibrio coa forza do rock alternativo. Unha banda nova con ganas de facer sentir aos seus oíntes as historias de vida que albergan as súas cancións

Asentados na cidade de Pontevedra, acaban de publicar o seu segundo disco, Reflexos, producido por Kolibrí Díaz (guitarrista de Marea) nos Estudos R5 (Iruña).

Ademais do especial coidado posto nas letras, con influencias da poesía de Kutxi Romero ou Robe Iniesta, conseguen crear un estilo propio fusionando detalles barrocos e clásicos co son das bandas de referencia do rock estatal.

O concerto será na Praza da Peregrina, a partir das doce do mediodía.

No caso de choiva, a actuación trasladarase ao palco de música da Alameda.

Praza da Peregrina, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos