Sesión de curtametraxes de Leon Hirszman
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal, Pontevedra

Teatro Principal, Pontevedra
O Cineclube Pontevedra presenta unha atractiva programación para o mes de maio con estreas recentes do panorama cinematográfico europeo, incluíndo dúas obras premiadas no Festival de Cannes, ademais do ciclo dedicado ao cineasta brasileiro Leon Hirszman.
Este luns 12 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra poderase ver unha sesión de curtametraxes de Leon Hirszman.
Pedreira de São Diogo. Leon Hirszman, 1962, Brasil, 18 min., VOSE. Primeiro filme do director e un dos episodios de 5 vezes favela, serie de curtametraxes producidas polo Centro Popular de Cultura da União Nacional de Estudantes (CPC) e carta de presentacion do Cinema Novo a principios dos anos 60. Coa suposta influencia das teorías da montaxe de Eisenstein e marcado por un forte idealismo político, o episodio segue o drama vivido polos traballadores dunha canteira de Rio ante a orde de intensificar as explosións.
Maioria absoluta. Leon Hirszman, 1964, Brasil, 20 min., VOSE. Retrato da vida cotiá e a miseria extrema do campesiñado analfabeto do nordeste do Brasil, ao que non lle está permitido votar. O filme dálle voz á poboación analfabeta a través de testemuños, estatísticas e datos históricos que deitan luz sobre o problema do latifundio na estrutura agraria brasileira. Coa chegada do Golpe militar en 1964, foi censurado e prohibiuse a súa exhibición ata 1980.
Nelson Cavaquinho. Leon Hirszman, 1969, 13 min., VOSE. Rexistro fermoso e punxente do sambista Nelson Cavaquinho e a súa contorna, conversando e tocando con amigos e veciños, na casa, no bar, no patio. Escenas da vida no barrio mestúranse con recordos e improvisacións e compoñen un retrato complexo, alegre e melancólico, do compositor e da súa comunidade.
Partido alto. Leon Hirszman, 1982, 22 min., VOSE. Documento histórico e homenaxe sincera ao partido alto, tradición cultural da samba carioca que ten como característica central a improvisación e a espontaneidade. Este valioso filme de 1976 con declaracións memorables da vella garda, non só rexistra a manifestación dunha certa pureza musical, a sinxeleza e o espírito de comunidade, senón que se posiciona firmemente contra a crecente estandarización da samba, imposta polas demandas do mercado.
Teatro Principal, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra