O Teatro Principal acollerá entre o 5 e 16 de maio as cinco representacións que integran o programa da XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que permitirá coñecer tanto as montaxes das aulas e grupos dos tres campus da Universidade de Vigo, como dous espectáculos chegados de Portugal e México.

Trátase dunha mostra con entrada gratuíta.

Este venres 16 de maio representarase 'Divinas palabras', de Ramón María del Valle-Inclán, representada pola Aula de Teatro do Campus de Vigo.

Baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, unha ducia de actrices e actores dan vida a este “drama protagonizado por seres marxinais”, como recolle o seu texto de presentación.

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos