O Cineclube Pontevedra despide a programación de 2024 coa proxección do clásico brasileiro A hora da estrela (1985), que vén de estrearse en salas nunha nova versión restaurada por Vitrine Filmes.

Baseado na obra homónima de Clarice Lispector, o filme somérxenos por completo no universo da escritora brasileira grazas á persoal mirada da directora Suzana Amaral e á memorable actuación de Marcélia Cartaxo no papel de Macabéa.
 

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos