Por segundo ano consecutivo, a Praza da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, emprazada no lugar de San Martiño, acollerá a Festa do Can.

Está programado un concurso de 'agility', que é unha modalidade que combina habilidades físicas e mentais para guiar aos animais a través de diferentes obstáculos, como túneles, saltos, slaloms ou pasarelas, a completar no menor tempo posible.

Tamén se celebra o concurso de beleza, impulsado pola Sociedade Canina Galega.

Xa está confirmada a participación de máis de 200 cans.

A festa tamén ofrecerá diferentes exhibicións, tanto de obediencia como de busca de persoas.

San Martiño, Arcos da Condesa

Máis eventos

Ver máis eventos