Os Feroz reúnen este sábado en Pontevedra ás estrelas do cinema e as series do ano.

Pedro Almodóvar, Najwa Nimri, Candela Peña, Carmen Machi, Anna Castillo, Eduard Fernández, María Léon e Patricia López Arnaiz, entre outros, gozarán dunha gala divertida e irreverente.

A colleita de películas e series foi excelente este ano e para celebralo os Feroz organizaron unha festa espectacular no Pazo da Cultura de Pontevedra este sábado 25 de xaneiro.

As grandes estrelas da tempada desfilarán pola alfombra vermella disposta nunha carpa xigante, que se poderá seguir en directo por Youtube a partir das 18:30.

A gala, presentada por La Dani, retransmitirase en directo ás 22:00 pola 2 de RTVE e contará cos comentarios de Bob Pop.

Todos os nomeados e invitados acoden á cerimonia con ánimo de compartir os logros dos últimos doce meses.

Pazo da Cultura de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos