Obradoiro infantil de estampación
Engadir ao meu calendarioAntiga escola de Bora, Pontevedra

Antiga escola de Bora, Pontevedra
A Plataforma de Afectados pola Autovía A-57 en Bora e Xeve organiza este sábado un obradoiro de estampación.
Trátase dunha actividade dirixida a nenosa partir de tres anos e levará a cabo na antiga escola de Bora.
O obxectivo é que os máis pequenos adquiran destrezas na arte da estampación e gocen cos recursos naturais que ofrece o medio rural á infancia. Ademais de crear coas súas propias mans, utilizarán follas e elementos vexetais para as súas composicións.
A sesión de manualidades estará guiada polas monitoras Eva do Roxo, Sal Higgins e Hannah Johnson que ensinarán aos nenos a arte da estampación e "demostrarán o seu compromiso e o seu amor pola natureza".
É unha actividade gratuíta na liña da loita do colectivo que leva 23 anos defendendo ás parroquias fronte ao trazado da autovía A-57.
Os nenos deberán estar acompañados polo menos por un adulto durante toda a actividade. Ofreceranse filloas e merenda aos participantes despois do taller.
Antiga escola de Bora, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra