PonteAndada: Cabanas e Muíños de Salcedo
Engadir ao meu calendarioPazo de Lourizán, Pontevedra

Pazo de Lourizán, Pontevedra
O programa de sendeirismo PonteAndadas volve este 2025 cunha nova edición que contará con oito rutas por distintas parroquias de Pontevedra, mantendo a súa aposta polos hábitos de vida saudables e o coñecemento da contorna natural e cultural das parroquias pontevedresas.
A iniciativa está organizada polo Concello de Pontevedra en colaboración co club de sendeirismo Naturgaliza,
Domingo 11 de maio con saída dende o Pazo de Lourizán: Ruta Cabanas e Muíños de Salcedo.
Percorrido circular, dificultade media. Duración: tres horas e media.
Esta camiñada inclúen un quecemento con marcha nórdica para todo aquel que o desexe, e a organización facilitará ás persoas participantes bolsas e luvas para recoller o lixo que atopen durante o percorrido —en caso de querer facelo—.
As inscricións téñense que facer no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 625 482 636 ou presencialmente na tenda "Naturcamiña" nas Galerías Peregrina, número 3. Por participar na camiñada hai que pagar 2 euros para o seguro.
Pazo de Lourizán, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra