Relatorio arredor do libro 'Ojos de Palestina', de Anan Abdalah
Engadir ao meu calendarioEdificio Administrativo da Xunta, na rúa Benito Corbal

Edificio Administrativo da Xunta, na rúa Benito Corbal
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro 'Ojos de Palestina' (tercera parte), de Anan Abdalah, editado pola editorial Círculo Rojo.
O autor estará acompañado por Tania García Sanmartín, tenente de alcalde de Vilagarcía.
A entrada é libre ata completar capacidade.
'Ojos de Palestina' é unha aproximación histórica, persoal e sentimental á historia do pobo palestino e Palestina.
Trátase dunha feroz pero documentada crítica a quen, por acción ou por omisión, ocasionaron ou permitiron o sufrimento do pobo palestino na súa propia terra durante longos anos e ata os nosos días. E é tamén unha mostra de solidariedade coas vítimas dunha inxustiza deliberada e sistemática.
Anan Abdalah naceu en Nablus, localidade ao norte de Xerusalén, en 1954. Alí realizou os seus estudos primarios e preuniversitarios, trasladándose a España en 1972, definitivamente. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Estomatoloxía pola Universidade UCMMA en República Dominicana. Exerceu a medicina tanto na área pública como na privada durante 33 anos en España.
Edificio Administrativo da Xunta, na rúa Benito Corbal
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra