Mesa redonda 'Perante a represión: solidariedade'
Engadir ao meu calendarioLocal sindical, Pasantería 1 - 3º andar. Pontevedra

Local sindical, Pasantería 1 - 3º andar. Pontevedra
O Sindicato Único de Trabajadores Solidaridad Obrera (SUTSO) de Pontevedra – CGT ven organizando nos últimos anos, durante a última semana de abril-1º de Maio, un ciclo de 'Xornadas Libertarias'. Este ano se celebra a undécima edición baixo o lema "A solidariedade a nosa mellor arma".
Este martes, 29 abril, terá lugar a mesa redonda e charla-coloquio, "Perante a represión: solidariedade" na que participarán: "9 detencións, 0 explicacións", "Grupo de apoio a Abel" e "Plataforma Libertad 6 de Zaragoza".
"9 detencións, 0 explicacións" é o movemento colectivo en solidariedade coas persoas detidas en Santiago nunha manifestación fronte o establecemento de Burger King, "empresa colaboradora co goberno israelí no xenocidio do pobo palestino".
"Grupo de apoio a Abel", é o colectivo que ven denunciando a "arbitraria e inxusta detención" e posterior encarceramento de Abel en novembro de 2028, en Barcelona, no contexto dunha manifestación convocada pola propia asociación de Policías Nacionais e Guardias civís.
"Plataforma Libertad 6 de Zaragoza" é a agrupación de entidades sociais, sindicais, veciñais e políticas aragonesas, constituída en solidariedade e pola liberación e amnistía das persoas condenadas a penas de catro anos e nove meses de cárcere "baixo a acusación, sen probas, de manifestarse en 2019 fronte un mitin de Vox".
Local sindical, Pasantería 1 - 3º andar. Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra