XII Festa do Viño de Vilaboa
Engadir ao meu calendarioBaixo o viaduto de Riomaior, Vilaboa

Baixo o viaduto de Riomaior, Vilaboa
Serán 10 as casetas que se instalarán na carpa que os días 10 e 11 de maio ofertará en Riomaior unha selección dos viños que se producen en Vilaboa tanto de xeito profesionalizado como de elaboración caseira.
As adegas Os Areeiros, Adega Ardán e Bodegas Costas de Exportación (de Moaña) pertencen á IXP Ribeiras do Morrazo e comercialízanse con esta etiqueta distintiva, que recoñece a calidade dos viños da zona.
En Vilaboa persiste a figura do colleiteiro local e boa parte deles ofrecen os seus viños nos coñecidos furanchos. É o caso de Elisa Ruibal García "Casa da Boullosa"; de Manuel Collazo Fernández; de Martín Torres González "Casa Cañoteira"; de Antonio Juncal de "Furancho Antonio" e de Furancho Jorge. Tamén comercializarán as súas producións na Festa do Viño Jesús Amoedo Leiro, "Casa da Torre" e Nilda Alvariña.
A programación arrincará o sábado 10 e continuará ata o domingo 11 de maio ao mediodía. As persoas asistentes poderán gozar de música en directo, coa actuación da charanga "A cabeza non para", na sesión vermú e a Banda da Escola de Música de Vilaboa co cantante Antonio Barros o sábado pola noite, momento no que tamén actuará a charanga 112.
O domingo será a quenda da Sociedade Cultural Cobres e a súa banda de gaitas "Aires de Cobres".
O pregón correrá a cargo dun veciño de Vilaboa, da parroquia de Paredes, Xan Lorenzo.
Baixo o viaduto de Riomaior, Vilaboa
Máis eventos
Ver máis eventosFundación Manuel Moldes
Sede da Fundación Manuel Moldes (Rúa Benito Corbal, 47, 8 andar)
Café Moderno Afundación, Pontevedra