Carlos Risco Ulloa é xornalista. e autor de 'Objetos a los que acompaño'. Vivía exercendo esta profesión en Madrid, ata que un día decidiu cambiar o asfalto pola terra da Serra de Gredos. Alí decidiu emprender unha viaxe de volta. Regresou a Ourense, a unha aldea deshabitada, onde actualmente reside. É sobriño neto de Vicente Risco,"pater patriae das letras galegas", e por parte materna pertence "aos últimos Ulloa, o meu tío Gustavo era o propietario do Pazo de Santa Cruz (de Arrabaldo)".
Isto de acompañar aos obxectos ten a súa filosofía: "creo que nós acompañamos ás cousas. Realmente a que non dura é a nosa vida, os obxectos están connosco o tempo propio; porque cando están ben feitos, son herdados, vendidos nos rastros e traspasan xeracións. Iso é o bonito do ben feito". Entre estes obxectos herdados, comprados, atopados ou regalados, hai algúns cos que recrea a súa faceta de músico.
Foto: José Luis Santalla