Naukas, así se pronuncia ciencia en ruso, é o nome dunha plataforma de divulgación e o encontro científico máis importante do país. Celébrase en Bilbao entre o 14 e o 17 de setembro e antes contaremos cunha nutrida representación destes amantes da ciencia encabezados pola nosa colaboradora habitual, Natalia Ruiz Zelmanovitch e Antonio Martínez Ron.
Falaremos tamén do furacán Irma e para iso contaremos con José Miguel Viñas, físico, especialista en metereología e consultor da Organización Meteorolóxica Mundial para entender por que este ciclón alcanzou estas dimensións e se ten algo que ver co cambio climático.