Como acabar coa contracultura, así se chama o ensaio do crítico cultural Jordi Costa ao que dedicaremos o noso próximo programa. Un libro que percorre a historia subterránea da cultura popular no noso país. Unha época chea de contradicións, zonas de sombra e a eterna pregunta sobre que ou quen acabou coacontracultura en España.
Ademais o programa complétase co Planeta dos Malditos do Sr. Tropical que contaranos máis sobre “Zaj, Música dispersa y Clónicos. Tres hitos en la contracultura musical española”.