Especial A Ciencias y a Locas da man de Esther Sánchez. Todo é susceptible de ser medido, cuantificado, convertido en datos. Os nosos teléfonos van máis aló de ser un cacharro para conectarnos co mundo, convértense en recopiladores masivos de información sobre quen somos, a que nos dedicamos, onde vivimos e que facemos co noso tempo libre.
Falan con Javier Sánchez Monedero, , investigador postdoutoral no grupo de investigación Data Justice Lab da universidade de Cardiff, Paula consultora en ciberseguridad e presidenta de Interferencias, unha asociación sen ánimo de lucro pola defensa da privacidade e os dereitos dixitais, e especializada nas revoltas de Hong Kong, Ana Valdivia, investigadora na UGR e científica de datos en Trilatela e Nerea Luís, investigadora en intelixencia artificial que á parte do seu traballo como investigadora organiza T3 chFest.
Ademais Vitoria Toro, directora de comunicación da Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas quen está a escribir a biografía Margarita Salas, un referente no campo da bioloxía molecular, incansable investigadora e loitadora en contra da discriminación das mulleres en ciencia. O programa complétase con Climática.