O Concello de Portas acollerá a celebración do ciclo de teatro afeccionado que leva por título 'Domingos de Teatro' con catro montaxes que serán representados no escenario da Azucreira de Portas.
A primeira función está prevista para o domingo 14 de abril, a partir das 19.00 horas. A compañía Teatro Rosalía de Castro representará o espectáculo 'Melocotón en Almíbar'.
O domingo 21, Taller de Teatro Clámide ofrecerá 'Dúas Vellas e un Segredo', baseada na obra orixinal 'Arsénico por compaixón', de Joseph Kessdring.
O Noso Lar será a agrupación que o domingo 28 presentará 'Cerrado por bronca'.
O ciclo será pechado o cinco de maio coa obra 'Mentiras e medias mentiras', do Grupo de Teatro Candelas.
Todas as funcións desta segunda edición do ciclo van iniciarse ás 19.00 horas con entrada libre ata completar a capacidade do recinto.