A mirada cómica dun palestino sobre occidente, no ciclo Amal en Ruta

Pontevedra
08 de setembro 2021

It must be heaven (De súpeto, o paraíso), unha longametraxe de ficción dirixida por un dos máximos expoñentes do cinema palestino, o director Elia Suleiman, será a película que se exhiba este xoves no Teatro Principal, dentro do ciclo de cinema euroárabe Amal en Ruta

Fotograma da película "It must be heaven"
Fotograma da película "It must be heaven" / Fundación Araguaney-Puente de Culturas

It must be heaven (De súpeto, o paraíso), unha longametraxe de ficción dirixida por un dos máximos expoñentes do cinema palestino, o director Elia Suleiman, será a película que se exhiba este xoves no Teatro Principal, dentro do ciclo de cinema euroárabe Amal en Ruta.

A entrada a esta sesión, que comezará ás 21:00 horas, será libre ata completar aforo.

En It must be heaven, o director Elia Suleiman, debido á nostalxia, viaxa por diferentes cidades do mundo buscando similitudes coa súa terra natal, Palestina.

No proceso de atopar un novo fogar, Suleiman dáse conta de que Palestina parece estar a lle perseguir alá onde vai. A esperanza dun novo comezo termina converténdose nunha comedia repleta de erros.

A película, traducida como De súpeto, o paraíso, recibiu o pasado ano mención especial e o Premio FIPRESCI no Festival de Cannes.

Foi ademais a coprodución elixida por Palestina como candidata a mellor filme internacional nos Óscar 2020.