A obra de teatro 'María Castaña', a escena en Lérez

Pontevedra
27 de marzo 2023

O vindeiro xoves 30 de marzo, ás 20:30 horas, o grupo Avelaíña Teatro representará na Casa da Cultura de Lérez a obra María Castaña, dirixida por Antón Lamapereira e escrita por Manuel Ayán

Representación de "María Castaña" do grupo Avelaíña Teatro
Representación de "María Castaña" do grupo Avelaíña Teatro / Avelaíña Teatro

O vindeiro xoves 30 de marzo, ás 20:30 horas, o grupo Avelaíña Teatro representará na Casa da Cultura de Lérez a obra María Castaña, dirixida por Antón Lamapereira e escrita por Manuel Ayán. A actividade enmárcase dentro da programación da Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez.

Tal e como explican desde a asociación, a obra trata sobre unha muller galega e insumisa, María Castaña, e preséntase a hipótese verosímil dun desencontro co bispo de Lugo, Don Pedro López de Aguiar. 

Na obra, o bispo proponse construír a catedral de Lugo para recuperar á cidade da súa decadencia daquel momento. A presión fiscal e a situación de crise económica e política son factores que propician a rebeldía de María Castaña

O grupo encargado da súa representación é Avelaíña Teatro, unha asociación que nace da amizade entre amantes das artes escénicas e da música coral e popular. Ás súas costas teñen representacións de obras como A Lola, E din que chove, A liorta e A ópera de a patacón, actuando en varias localidades galegas e algunhas de fóra da comunidade. 

Desde a asociación Cedofeita informan de que a entrada é gratuíta ata completar o aforo da Casa da Cultura