Houbo montaxes teatrais en torno á vida de Rosalía de Castro ou da súa poesía, pero
nunca ata agora unha compañía puxera en escena a súa prosa . Sarabela Teatro, da man da Fundación Novacaixagalicia e a Xunta de Galicia, trae a Pontevedra este xoves 6 xuño ás 21.00 horas a primeira representación destas características, Os cantares das musas.Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro, explicou este luns no centro social de Novacaixagalicia que a prosa da autora de Cantares Gallegos "con toda a súa forza, é a primerira vez que aparece nos escenarios galegos" e destacou a "importancia" de que "nun ano no que as Letras Galegas están adicadas a un autor teatral, que se xunten Rosalía e o teatro".
Cantáresvos dás musas parte de Cantares gallegos e do relato de Rosalía de Castro El caballero de las botas azules e o seu prólogo. Baseándose neses textos, Sarabela Teatro produciu unha montaxe que "presenta unha Rosalía forte" a través dunha obra contemporánea que "encaixa coas estéticas habituais" da compañía. Así, os elementos escenográficos son "poucos, significativos, moi limpos" cunha "estética impresionista" na que adquiren importancia a luz ("serve para cambiar de ambientes, para situarnos en distintos lugares") e a ambientación sonora.
A protagonista da obra é a musa andróxina do prólogo Un hombre y una musa que se presenta como unha muller que debe cultivar todos os aspectos físicos e intelectuais para poder conseguir unha completa realización. A través dela a compañía fai unha censura do canon de beleza feminino e do papel da muller na sociedade, ademais de situarnos nunha dramaturxia fronteiriza entre as novas e as vellas formas do desexo.
Catro actores asumen todos os papeis. O único home é Fernando Dacosta, que interpreta diferentes papeis, pero o principal é un poeta convertido nun cabaleiro con recoñecemento na alta sociedade grazas a poder magnético dunhas botas azuis. Se trata dun "personaxe ambiguo" cuxa "ambigüedade sexual non deixa de ser unha copia dá propia autora, de Rosalía de Castro, hai un xogo ao longo da obra con isto".
María Teresa Cores, de Novacaixagalicia, explicou que a obra mostra o cambio que vive a sociedade actual: "del mismo modo que El caballero de las botas azules se edita en un momento de cambio fundamental de las estructuras socioeconómicas y políticas del siglo XIX, la obra de Sarabela se estrena en una sociedad en crisis y en un tiempo en el que los modelos políticos, sociales e institucionales están cuestionados. Un hecho que Sarabela recoge extraordinariamente y que nos hará reflexionar sobre los modelos de ocio burgués, el consumismo y el canon de belleza femenino".
Dende a Fundación Novacaixagalicia valoran que a proposta de Sarabela é "un espectáculo lírico cheo de forza e fascinación que expresa á perfección o exercicio de liberación persoal e política que a autora facía por medio dos seus textos e a identificación dos galegos cos sentimentos e as emocións que ela expresaba na súa escrita".
O elenco complétase con Nate Borrajo, Elena Seijo e Fina Calleja. A dramaturxia, a dirección e o deseño da iluminación corren a cargo da pontevedresa Ánxeles Cuña e Ruth Díaz Pereira deseña o vestiario.