Atención festivaleiros! O SonRías Baixas regresa a Bueu os días 4, 5 e 6 de agosto de 2016

Bueu
01 de decembro 2015

A asociación Troula na Banda invita de novo a todos os festivaleiros con ganas de festa a pasar pola vila nesas datas. Xa se están mantendo as primeiras conversas con institucións públicas e privadas para definir o orzamento e o proxecto

Un dos concertos do festival SonRías Baixas en 2014
Un dos concertos do festival SonRías Baixas en 2014 / SonRías Baixas

Despois de dous anos de ausencia -un por motivos climatolóxicos e outro por causas organizativas-, o festival SonRías Baixas regresa a Bueu.

A asociación Troula na Banda invita de novo a todos os festivaleiros con ganas de festa a pasar pola vila os días 4, 5 e 6 de agosto de 2016. Xa se están mantendo as primeiras conversas con institucións públicas e privadas para definir o orzamento e o proxecto.

No ano 2014 o festival tivo que ser cancelado por causa da choiva e a organización anunciou a comezos deste ano que agardaría ata 2016 para retomar o proxecto.
 
As edicións anteriores conquistaron a máis 12.000 persoas e supuxeron para Bueu unha inxección económica de preto dun millón de euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca.

A particular mestura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do estado.