Colabora na representación de "Pequenos actos pseudorrevolucionarios", grazas a Noites Abertas

Pontevedra
05 de abril 2013

Un agasallo a todos os participantes de Noites Abertas. Así se entende a inclusión na súa programación de Pequenos actos pseudorrevolucionarios, a última obra da compañía Ibuprofeno Teatro, composta por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, pontevedreses de adopción. Unha montaxe premiada recentemente nos premios María Casares 2013 ao mellor texto e a mellor interpretación feminina

Un agasallo a todos os participantes de Noites Abertas. Así se entende a inclusión na súa programación de Pequenos actos pseudorrevolucionarios, a última obra da compañía Ibuprofeno Teatro, composta por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, pontevedreses de adopción. Unha montaxe premiada recentemente nos premios María Casares 2013 ao mellor texto e a mellor interpretación feminina.

Pequenos actos pseudorrevolucionarios pretende trasladar ao escenario esas actitudes ⿿que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos". Trátase dun espectáculo cómico-político-absurdo baseado nuns textos escritos a partir dun proceso de investigación e creación colectiva, entrelazando varias historias que parten dun nexo común.

Son personaxes que deciden emprender accións de protesta de xeito privado e individual (por iso son pequenos) para expresar o seu desacordo co funcionamento ou significado dalgunha institución pública ou privada ante a cal non atopan outro medio de manifestarse. Non conseguirán un mundo máis xusto, pero polo menos gozarán dunha sensación de alivio grazas á complicidade co público.

Antes da función no Teatro Principal, que será ás 21.00 horas, desenvolverase un obradoiro previo. Será a partir das sete da tarde. Baixo a denominación Descobre o Teatro por dentro, as persoas interesadas poderán compartir coa compañía os momentos previos a unha función: atrezzo, pase técnico, quecemento, rutinas ou maquillaxe. Ademais, poderán participar nos exercicios previos, coñecer a parte técnica e a súa montaxe, xeitos de crear un espectáculo e axudar na montaxe.

A representación da función está aberta ao público en xeral maior de 15 anos. A entrada será de balde ata completar aforo polo que a retirada de invitacións poderá realizarse na taquilla do teatro o mesmo día da función dende as sete da tarde e ata esgotar as entradas. Tras a representación haberá un pequeno coloquio sobre a temática que se presenta da obra.