'Conexión Pingüín', evidencias da incomunicación tecnolóxica en Ponteatro

Pontevedra
05 de novembro 2021

Os coñecidos actores Luís Iglesia e Marcos Orsi son os protagonistas desta produción teatral de Culturactiva que, este xoves 4 de novembro, poñía en escena do Teatro Principal o texto do autor José Prieto

'Conexión Pingüín', de Culturactiva Producións no Teatro Principal
'Conexión Pingüín', de Culturactiva Producións no Teatro Principal / Mónica Patxot

Luís Iglesia e Marcos Orsi, dous dos actores máis coñecidos no panorama teatral de Galicia, ofrecían este xoves dentro do ciclo Ponteatro a súa visión sobre a falta de comunicación nesta era da comunicación a través do montaxe 'Conexión Pingüín', de Culturactiva Producións.

Dirixida polos propio Marcos Orsi, sobre un texto de José Prieto e unha escenografía elaborada por Kukas, a comedia móvese entre 1923 cando levaba a cabo unha expedición cara ao polo sur e a actualidade, representada a través dunha conferencia na que se analizan as circunstancias daquela viaxe á Antártida.

A obra reflexiona sobre a falta de diálogo entre as persoas malia que a humanidade se atopa conectada de maneira inmediata a través de teléfonos móbiles de última xeración.

Unha vez máis, o público afeccionado ao teatro asistiu á sesión que se desenvolvía no Teatro Principal.

A próxima función dentro deste ciclo chegará o 25 de novembro, ás 21.00 horas, con 'Comadres Comando' do Teatro Matrioshka. Antes, o sábado 13 de novembro, o Pazo da Cultura acollerá o espectáculo homenaxe a Federico García Lorca que leva por título 'A vueltas con Lorca' co actor Carmelo Gómez; e o sábado 20 presentarase 'O charco de Ulises' no mesmo escenario, a cargo do Centro Dramático Galego.