‘Copia Certificada’ de Abbas Kiarostami, este martes no cineclube de Pontevedra

Pontevedra
08 de outubro 2019

A hora e lugar serán os habituais, no Teatro Principal ás 20.30. A entrada á proxección, que se realizará en versión orixinal en inglés con subtítulos, custará dous euros.

'Copia Certificada', de Abbas Kiarostami
'Copia Certificada', de Abbas Kiarostami / Cineclube Pontevedra

O cineclube de Pontevedra propón continuar de viaxe por Italia. Se a semana pasada percorríamos Napoles da man da cinta de Robert Rosselilini esta vez viaxamos ata a Toscana italiana en 'Copia Certificada', do realizador iraní Abbas Kiarostami. A hora e lugar serán os habituais, no Teatro Principal ás 20.30. A entrada á proxección, que se realizará en versión orixinal en inglés con subtítulos, custará dous euros.

Cando un escritor que sostén que na arte a diferenza entre o orixinal e a copia é relativa coñece a unha comerciante de antigüidades dará comezo un xogo da seducción, unha cita na que a súa propia imaxe se convertirá nunha copia dunha parella. Un man a man interpretativo entre William Shimmel e Juliette Binoche que lle valiu a esta para levar o premio á mellor actriz en Cannes en 2010. 'Copia Certificada' é un dos derradeiros traballos do xa falecido Abbas Kiarostami, un director cunha extensa filmografía.

Ficha:
Director: Abbas Kiarostami
Ano: 2010
País: Francia
Duración: 105 min.
Versión Orixinal: Inglés