Dous 'roedores' soltos no Pazo educan os nenos en igualdade e amizade

Pontevedra
18 de abril 2016

Un hámster e unha rata foron os grandes protagonistas do espectáculo que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil ofreceu este domingo aos centos de nenos que se achegaron ao Pazo da Cultura. Chegaban da man da compañía Redrum Teatro que puxo en escena a súa última montaxe, Roedores

Representación no Pazo da Cultura do espectáculo "Roedores" de Redrum Teatro
Representación no Pazo da Cultura do espectáculo "Roedores" de Redrum Teatro / Diego Torrado

Un hámster e unha rata foron os grandes protagonistas do espectáculo que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil ofreceu este domingo aos centos de nenos que se achegaron ao Pazo da Cultura. Chegaban da man da compañía Redrum Teatro que puxo en escena a súa última montaxe, Roedores.

Roedores é un espectáculo familiar con música en directo, especialmente deseñado para menores a partir de 5 anos.

O argumento trataba de concienciar en valores de fomento da igualdade e a amizade a través das aventuras dos seus protagonistas, o hámster Peludiño e a rata Munda, encarnados polos actores Guillermo Carbajo e Laura Míguez.

A obra conta a historia de Peludiño, un hámster que se escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade, que coincide con Munda, unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Ambos se terán que enfrontar a un inimigo, o temido Gato.

Roedores representarase tamén este luns 18 de abril en dúas sesións concertadas para escolares pontevedreses.