Bueu segue en pleno vórtice musical a través do SonRías Baixas, un festival que este venres volvía facer saltar ao público.
Ao escenario subíanse Natos y Waor xerando un ambiente intenso, Lia Kali, o ritmo de La Ganga Calé, Tremenda Jauría, o son potente de Cool Nenas, cun fin de festa apoteósico da man de Muyayo Rif.
Todo iso acompañado de natureza, gastronomía e acampada neste 20 aniversario do festival.
Este sábado conclúe a cita musical cos concertos de, entre outros, Macaco, La Pegatina, Lamatumbá, Arde Bogotá, Ortiga e Pili Pampín, Grande Amore e María de Juan.