Laura Tova e Noemí Llantada, da Residencia Artística do Salón do Libro, adornan a cidade

Pontevedra
06 de maio 2023

A súa estadía en Pontevedra tivo lugar o 24 e o 30 de abril e contou con tempo de formación e experimentación no taller de Galpón Lab, visitas ao Salón do Libro e o Museo e tempo libre pola cidade para impregnarse dela

'Oído', Laura Tova
'Oído', Laura Tova

A segunda Residencia Artísitca convocada polo Salón do Libro do Concello de Pontevedra da man de Galpón Lab seleccionou a Laura Tova e Noemí Llantada entre máis de 30 candidaturas recibididas.

As artistas, permaneceron na cidade entre o 24 e o 30 de abril e dentro das actividades organizadas polo Galpón Lab para a súa residencia, gozaron nun comezo dunha xornada formativa da man do profesional de didáctica e arte, Alberto Santos. 

Contaron tamén con dinámicas de grupo organizadas por Iria Rodríguez de Nube de Ockham e o apoio artístico de Eva Fandiño. 

Pasaron os tres primeiros días traballando no taller para encamiñar o seu proxecto artístico conxunto e segundo comentan “foi unha experiencia para nós. Conectamos moi ben, puxemos en práctica cocoñecemento colectivo e establecemos sinerxias. Tamén conectamos moito coa cidade, que percorremos co calma para coñecela a fondo. Estivemos no Salón do Libro, que é un proxecto precioso e tamén no Museo. Todo isto axudou a dar forma a idea e á obra final”

As caixas da luz, que representan os 5 sentidos están ubicadas en Campolongo (gusto, de Laura Tova) Praza de Galicia con Augusto González Besada (vista, de Noemí Llantada), Gutiérrez Mellado (oído, de Laura Tova), praza do HiperFroiz (olfato, de Noemí Llantada)

A última caixa, ubicada na glorieta de Compostela é a máis especial xa que foi intervida pola cativada dentro dunha actividade programada polo Salón do Libro. Os nenos e nenas participantes, que traballaron tamén implicados coa familia, tiñan o encargo de representar o tacto e e fixeron unha interpretación libre de algún elementos presentes noutras caixas.

SOBRE AS ARTISTAS

Laura Tova é unha contadora de historias e a súa ferramenta preferida é a ilustración. A través dun estraño equilibrio entre o doce e o salvaxe consegue converter o cotián en onírico. Nas súas ilustracións hai unha posta en valor das cousas comúns, a natureza e a alegría.

Noemí Llantada. Ilustradora que usa o papel, a madeira ou as paredes para expresar a súa obra creando obxectos únicos. As súas ilustracións falan desde o humor das loitas cotiás contra a frustración. Temas como a natureza, a muller e a fortaleza convertidos en iconas para a supervivencia.