Era unha das citas máis esperadas do Culturgal 2023.
O Pazo da Cultura de Pontevedra viviu este sábado, como colofón á segunda xornada da feira, o concerto co que a mítica banda Leilía dicía 'deica logo' ao público pontevedrés.
O recital de Leílía era un dos últimos previstos na súa xira de despedida dos escenarios despois de máis de 30 anos de traxectoria.
En Pontevedra as pandeireteiras Ana Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Rosario Rodríguez, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez repasaron a exitosa traxectoria que lles converteu en toda unha referencia para o folk galego.
Antes do concerto declararon ademais o orgullo que para elas supón "todo o tempo xuntas" sen terse desviado do seu obxectivo: "recuperar a tradición das aldeas e que todo o mundo coñecese o que era a tradición oral galega".