Milladoiro presentará o seu disco Atlántico en Cuntis

Umia
05 de agosto 2025

O grupo actuará este venres 8 de agosto na Praza da Constitución ás 22:30 horas dentro do programa o programa provincial +Música para difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas

Concerto de Milladoiro
Concerto de Milladoiro

A Praza da Constitución de Cuntis acollerá este venres, 8 de agosto, un concerto de Milladoiro.

A banda galega de música folk celta actuará ás 22:30 horas

O grupo subirase ao escenario en Cuntis para facer un percorrido polos seus temas máis emblemáticos, así como para presentar as cancións do seu novo disco, Atlántico

Milladoiro leva máis de 40 anos percorrendo espazos, silencios e xeografías intentando atopar a beleza detrás de cada pentagrama, coa memoria do país e a pobreza socio-ambiental moi presentes.

A actuación forma parte da nova edición de +Música, o programa da Deputación de Pontevedra que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.

Este concerto de Milladoiro é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.