Música en directo para gozar do mellor cine no FICBUEU

Bueu
26 de agosto 2019

O Festival Internacional de Curtos de Bueu celebrarase entre o 6 e 14 de setembro e os concertos en directo serán os protagonistas. Artistas como Enric Montefusco, High Paw ou The Swinging Flamingos serán os encargados de poñer a banda sonora aos grandes clásicos do cinema mudo

Ivan Rodríguez
Ivan Rodríguez / Puxapeon

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu celebrarase entre o 6 e 14 de setembro e os concertos en directo serán os protagonistas.

A XII edición do festival empezará o 6 de setembro ás 20:00 horas cun concerto ambiental nas inmediacións do Centro Social do Mar, onde membros da Asociación de Jazz de Bueu (AJB Collective) poñerán a ton o saxo, a batería e o banjo para a inauguración desta nova edición.

Ás 22:30 horas da mesma xornada, a música trasladarase ao interior do auditorio coa actividade 'Panorama do cinema mudo: 15 anos de pioneiros dá sétima arte (1902-1917)' da man de Caspervek Trío. O grupo poñeralle a música en directo ás grandes obras do cinema de Mèlies, De Chomón, Chaplin, Guy e Griffit.

Durante a fin de semana continuará a música coas sesións vermú que se desenvolverán no exterior do Centro Social do Mar a partir das 12:30 horas. O sábado 7 o público poderá gozar da música do dúo High Paw meets Mr. Mou e ás 22:30 do concerto do artista barcelonés Enric Montefusco, para o que xa se poden adquirir as entradas na páxina web do FICBUEU. Pola súa banda, Iván Rodríguez Covers actuará o domingo versionando clásicos do pop e do rock para amenizar a sesión vermú.

O ultimo día do festival, o sábado 14, o grupo The Swinging Flamingos trasladará ao público á Nova Orleans dos anos 20. Será un concerto con moito swing que reúne a esencia das big bands norteamericanas. Celebrarase ás 20:00 horas e xunto con PunkInfantil e a música dos programas de radio, como de Agoraphobia en 'Carne cruda', que darán paso á Gala de Clausura do FICBUEU 2019.