Gran acollida nas primeiras xornadas de Noites Abertas 2025

Pontevedra
04 de febreiro 2025

Máis de 500 mozas a mozos participaron a pasada fin de semana nas actividades organizadas pola concellaría de Xuventude

Noites Abertas
Noites Abertas / Concello de Pontevedra

Este venres 31 de xaneiro e sábado 1 de febreiro, deu comezo a 26º edición de Noites Abertas

Nestas primeiras xornadas, un total de 516 persoas asistiron ás 27 sesións de actividades.

Entre elas, destacaron bádminton libre, tenis de mesa, xoias con elementos naturais, tatuaxes de henna, cociña vexetariana, cociña sen lume e fútbol sala mixto, propostas que esgotaron o 100% das prazas dispoñibles

Dos participantes, só 42 persoas quedaron sen praza na actividade que escolleran, pero si puideron formar parte doutras que tiñan vacantes dispoñibles.

Noites Abertas
Noites AbertasConcello de Pontevedra

A proposta da concellería de Xuventude, tivo unha excepcional acollida do público de entre os 12 e 30 anos, a quen está limitada, cunha especial presenza do rango de idade de entre 17 e 25 anos, que supuxeron o 50,20% do público asistente.

O xénero con maior participación foi o masculino, sendo o 59,8% dos asistentes, fronte a un 38,5% de mulleres e 1,4% non binario. Esta porcentaxe superior de mozos débese a que foron o 100% dos asistentes na actividade de fútbol sala.

Estas actividades realizáronse en espazos moi diversos, como o colexio Froebel, que acolleu a 295 persoas ao longo de toda a fin de semana, o Multiusos (103), a Casa Azul (82), a Alameda (33) e o Local de Música (3).

Noites Abertas
Noites AbertasConcello de Pontevedra

O Concello valora positivamente os datos de participación, que segundo o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez "nos animan a seguir traballando na mesma liña e a esforzarnos por colaborar coa mocidade pontevedresa neste proxecto".

Noites Abertas continuará a súa programación gratuíta, e que non require inscrición previa, ata o 29 de marzo, exceptuando a fin de semana do Entroido. A iniciativa achegará á mocidade pontevedresa máis de 107 actividades nas noites dos venres e sábados.